Podes consultar o horarío picando eiquí (formato pdf )


 

Charlas:

Metereoloxía mariña. 

Relator: Maxi Casares

Expedicións. 

Relator: Federico Alvarez

Correntes costeiras no mar.

Relator: Carlos Torres

Se verá cales son os principais causantes de correntes no mar (marea, vento, aportes de auga doce, etc.) e qué consecuencias teñen en dous ambientes distintos: dentro e fora das rías. Veremos de qué orden de magnitude son as correntes xeradas e as súas características (frecuencia, prevalencia, estacionalidade, etc).

Kayaks árticos e de Alaska

Relatores:  Pedro Rincón e Xavier L.

Kaiaks grenlandeses e umiaks

Paco García e Javier Knor

 


Mesa Redonda:

Kaiak Tradicional. 

Relatores: Javier Knorr, Paco García, Pedro A. Rincón, Xabier Lezeta Auletia


Cursos no mar:

Técnicas de palada

Monitores: Alfredo Chavert, Eduardo Rodrigues e Fran Facal.

Iniciación á esquimotaxe.

Monitores: Gerardo Sánchez e Juan Benaches

Curso dirixido a persoas que non saben esquimotar. O obxectivo deste curso é ensinar a técnica básica para conseguir facer unha esquimotaxe según o sistema Pawlata, tanto con pá tradicional como con pá europea.

Esquimotaxes avanzadas.

Monitores: Cristian Graña e Xosé Rodas

Este curso está dirixido a persoas que xa dominan a técnica do esquimotaxe a lo menos por un costado. O obxectivo deste curso e aprender novas técnicas de esquimotaxe, baseadas no seu orixe esquimal

Máis información 

Rescates e remolques.  

Monitores: Fran Torrado e Carlos Lamas

Practicaremos distintas técnicas de autorrescates, rescates o compañeiro e remolques, tanto en longo como en curto. O curso está aberto a tódolos niveis de kaiakistas e desenvolverase fronte o praia de Muxía. As características do curso farán necesario o mollarse polo que recoméndase levar roupa adecuada.

Máis información 

Cursos en terra:

Navegación e cartas náuticas. 

Profesor: Carlos Lamas

Aprendizaxe das técnicas convencionais de navegación orientadas ao kaiak de mar: uso de compás magnético, cartografía náutica e outros soportes (aeroguías do litoral, ortofotos, derroteiros, etc), como axudas para a navegación e para a preparación das rutas

Máis información 

 

Ioga.

Profesora: Eva 

Curso de iniciación ao ioga, cunha serie de estiramentos e posturas axeitadas para os kaiakistas.

Máis información 

 

Comunicacións

Profesor: Manuel Casqueiro

O curso está orientado á concienciación dos kaiakistas en relación á seguridade, e dentro de esta o manexo e uso de equipos de radiocomunicacións.

 

Máis información 
 

 Primeiros auxilios e RCP

Profesor: Juan Manuel Olveira Vidal

Curso de Primeiros Auxilios e RCP onde veremos como actuar e solucionar os casos máis comúns de percances que podan acontecer na nosa actividade. Tamén veremos como identificar situacións qiue podan levarnos a aplicar unha R.C.P. así como a aplicar correctamente dita maniobra. Traballaremos cun moneco de prácticas.


Obradoiros

Personalización do kaiak

Profesor: Fran Facal

Este obradoiro será de traballo con Espuma e Cola de Contacto, para facer musleiras, calces de cadeira, acolchar asentos, respaldo, talonera...

Aprederemos como tallar na espuma de celda cerrada para darlle a forma axeitada e adaptala súa función e a nosos corpo. Buscaremos a máxima comodidade posíbel no habitáculo do kayak.

Tuiliks

Profesor: David Carro

A idea do obradoiro, explicar un pouco en que consiste o Tuilik e como confeccionalo a partires duns patróns adaptados , o obxectivo final é que cada un se leve os patróns do Tuilik adaptados o máis posíbel a súas medidas, e o neopreno de 3 mm biforrado cortado en pezas

Máis información 

Rutas e travesías mariñas

 Durante as Xornadas de Kaiak de Mar Muxía 2010 dende a AGKM os propoñemos unhas rutas por algúns dos lugares máis interesantes para a navegación en kaiak de mar da nosa costa. Durante tres días coñeceremos/navegaremos por tres das rías lexendarias da Costa da Morte; ría de Muxía-Camariñas, ría de Corcubión e ría de Corme-Laxe.

Máis información 

Xogos AGKM de KAIAK 

Os xogos consistirán en combinar unha serie de manobras que teñan que facer todos os membros dun equipo. 

Máis información 

Coa colaboración de


 Concello de Muxía