Javier Knorr

Xeógrafo e licenciado en filoloxía inglesa. É o autor do libro " El Kayak de Mar " (2000), Colabora en diversas revistas e artículos de prensa. Experimentado palista que participou en numerosas expedicións, tamén ten navegado por case todos os mares, e circumnavegou varias illas mediterráneas e atlánticas. Participa todos os anos nos Campeonatos de Grenlandia de Qajaq de Nuuk.Fala o idioma inuk, e é guía de expedicións da empresa Tierras Polares. Actualmente forma parte do Team SK KAYAK.

Maximino Casares

Licenciado en Ciencias Físicas e experimentado meteorólogo do Instituto Nacional de Meteorología (INM), da Copa América de vela e outras importantes regatas. Participou na Volta a Europa xunto a Javier de la Gándara, axudou tamén ó Galicia Pescanova na Volta ó Mundo e estivo cos equipos españois da Copa América en San Diego e Auckland

Pedro A. Rincón

Apasionado dos kaiaks árticos tradicionaies. Fascinado polo seu inxenio, pola sua beleza, pola sua diversidade.... Usa e construe paas grenlandesas tradicionaies... e non voltou a ollar cara atrás. "O kaiak ártico atraenos nun nivel emocional máis alen do que nos inspiran outros obxetos da cultura material" (D. Zimmerly)

Federíco Alvarez

Un dos pioneiros do KM neste pais. Monitor Nacional de Piragüismo. 5 estrelas da BCU. Gran coñecedor do Kaiak Tradicional e Moderno

Paco García

No 1995 iniciouse na práctica do kaiak de augas bravas e hacia o 98 pasouse ó kaiak de mar. No 2001 colaborou na tradución-adaptación do libro de Hutchinson, Kayak de Mar,Manual Completo,onde o último capítulo foi o que espertou o seu interese no kaiak tradicional. Construíu unhas cantas pas e dous qajaqs, e navega habitualmente cun deles. Impartiu cursos sobre construción de pas grenlandesas e ten publicado un blog explicativo do proceso de construción dun kaiak tradicional grenlandes.

Amaia Ramos

Amaia, e Diplomada Universitaria en Enfermería e a maiores é Experto Universitario en Urxencias e Emerxencias. Traballa no servizos de Emerxencias - Osakidetza. Durante estes anos Amaia fixo importantes aportacións á formación de kaiakistas en primeiros auxilios

Carlos Torres

Licenciado en Físicas na Universidade de Santiago. Tesiña no Grupo de Física Non Liñal da Universidade de Santiago nos anos 94-95. Realizou a súa tese ,co título "Predición numérica e contraste experimental da circulación na Ría de Vigo" na Universidade de Vigo. Profesor titular no área de Física da Terra da Universidade de Vigo, con docencia na licenciatura de Ciencias do Mar. A súa investigación oriéntase cara a simulación numérica en oceanografía. Practicou piragüismo de competición dende os 11 ós 18 anos nun clube de Pontevedra (o Tablex-Tafisa).

Xabier Lezeta Auletia

Licenciado en Ciencias da Actividade Física e Deporte (INEF), profesor de Ciclos de Actividade Física, practicante de Montaña e escalada desde fai 25 anos, practicante de Kaiak de mar desde fai 7 anos. Navegou en todos os mares españois, Bretaña, Normandía, Croacia. Constructor aficionado e amante do kaiak tradicional. Ten experiencia en todos os métodos de construcción de kaiaks, e construíu : 4 kaiaks tradicionáis groenlandeses, unha Baidarka (semiréplica), dous kaiaks Stitch & Glue, dous kaiaks de tiras de madeira e un catamarán de excursión costeira de 17 pés.

Carlos Lamas

Licenciado en Ciencias Físicas, enxeñeiro electrónico de profesión. É patrón de iate, monitor de piragüismo pola Federación Española de Piragüismo, e afeccionado ao kaiak de mar de travesía desde o ano 2001

Fran Facal

Aficionado ó KM dende 2004 , e a carpintería. Organicei cursos para ó Comité Galego de KM e para a AGKM , e son aficionado á construcción de pás esquimáis e Kaiaks. Moi interesado no aspecto tradicional do kaiak de mar e por tanto a súa raiz no pobo Inuit.

Manuel Casqueiro

Técnico Electrónico en Comunicacións FP,Técnico de telefonía móvil, , repetidores de radio, wifi e de antenas para satélite e TDT terrestre.Instalacións radioeléctricas de aficionado e comerciáis. Títulos A, B e C de estacións radioeléctricas de aficionado.Membro da Unión de Radioaficionados Españoles (URE), sección local de Vigo(URV).Participación en competicións de radiocomunicaciones integrando o equipo da (URV).

David Carro

Iniciouse no kaiak no ano 1999, en augas bravas cambiando ó Kaiak de Mar debido á proximidade do mar. Descubriu a pá grenlandesa a través de Manuel Pastoriza, e empezou a súa fascinación polo kaiak tradicional. No 2007 participou no II Symposium Internacional do Club Pagaia, o cal estivo enfocado hacia ó qajaq tradicional

Eva Alvarez

Practicante de ioga, danza e pilates dende fai 10 anos

"Cando coñecín o mundo do kaiak de mar decateime do moito que se relacionan, ambas son actividades individuais e o mesmo tempo colectivas. Creo que o ioga, os estiramentos, poden complementar moi ben aos kaiakistas, xa que certas asanas (posturas estáticas) están indicadas para estirar e fortalecer partes do corpo implicadas no desenvolvemento dunha travesía."

 Juan Manuel Olveira Vidal

 

 Bombeiro e Técnico en Salvamento Acuático

 

 

Membros da AGKM nos cursos na auga

Alfredo Chavert

Miguel Rodal Eduardo Rodrigues Xosé Rodas Cristian Graña
Coñecedor da costa galega, especialízase na travesía en mar aberto e sen apoio, completando a costa do Algarve,P:N de Serra de Gata ,e circumnavegación das illas de Menorca e Ibiza. Conta coa certificación alemana Nivel: A-Kurs de Sazwasser Union . Coorganizador das primeiras travesías da costa ártabra, é foi un dos fundadores da anterior AGKM no ano 1997. Neste mesmo ano participou no primeiro Eurathlón en Cartagena. Escalador e B.T.T iniciouse no kaiak no 1990. Recibe formación acuática e subacuática nas FFAAs (C.O.E.81).

Mecánico Naval Maior, Vigo. Comenzou a navegar en 1974, e durante máis de 30 anos navegou en pesca de altura e gran altura, actualmente exerce de Inspector de terra nunha empresa armadora. Iniciado no kaiak de mar desde 2004 e discípulo de Manolo Pastoriza e Fran Torrado, cós que fixo os cursos na AGKM, e tamén realizou cursos na CGKM. Organizador de varias concentracións de kaiak de mar e responsable de concentracións do antigo CGKM. Posee o "Sea 3 start Award certificate" da BCU, é monitor de piraguismo pola FEP e patrón de embarcacións de recreo.


Iniciouse no KM no ano 2004.Realizou diversos cursos de formación e perfeccionamento có CGKM e a AGKM. Certificación BCU - Sea 3 Star Award. Realizou expedicións a Grenlandia con Tierras Polares e a Patagonia con YAK Expediciones. Formación en primeiros auxilios pola Cruz Roja Portuguesa.

Técnico en Actividades Fisicas e Depotivas, Fisioterapeuta de profesión. Iniciouse no Kaiak de Mar no 2002. Fixo o curso de Rescates en Condicións Adversas do Comité Galego de KM. Os cursos A, B e Esquimos II da AGKM, e o BCU 3 estrelas.

"Dende que descubrin o Kaiak de mar estou adicto a él. Aportame grandes sensacións e teño con él unha aprendizaxe contante, grazas entre outros ó meu compañeiro de fatigas, Cristian Graña e ó meu referente, Manolo Pastoriza".

Iniciouse no kaiak de mar no ano 2001. Nos seus comenzos adquiriu coñecementos co libro "kaik de mar, manual completo" e de forma autodidacta co seu amigo Xosé. Posteriormente coñeceu a Manolo Pastoriza, o cal lle cambiou o concepto do kaiak de mar en todolos aspectos, dandolle a coñecer a pá grenlandesa. Da man de Manolo e Fran Torrado fixo varios cursos no antigo CGKM e na actual AGKM. Tamén ten o Sea 3 start Award certificate"da BCU.

Coa colaboración de


 Concello de Muxía