|
|
|
|
XORNADAS DE KAIAK DE MAR 2010
LUGAR
Muxía , Costa da Morte
DATAS
1,2,3 e
4 de abril |
|
|
LUGAR E CONTORNO: A COSTA DA MORTE
|
|
|
A Costa da Morte, ademais de ser un lugar fantástico tanto dende un punto de vista cultural como deportivo, para un galego significa moito máis. Tal vez o máis importante é que nos fai sentir parte do mar, e ese é un sentimento que calquera pode experimentar con só asomarse dende terra a calquera das puntas e cabos deste treito da costa, non moi extenso, pero dunha riqueza infinita tanto para a vista e a cultura como para os sentimentos máis profundos que albergamos os amantes do mar. Esta é terra de mariñeiros e pescadores, entregados a un mar que nunca lles perdoou a súa incursión, castigando as súas xentes da forma máis dura. É terra de mulleres que, sempre mirando cara ao mar, soñaban cunha vida mellor, despois de que os seus homes volvesen saír ao mar, co primeiro e máis simple anhelo de que tan só volvesen. É terra de xente ruda e arriscada, de acción, e de corazón eterno e compañeiro. É terra de luces e sombras, de faros e néboas, e como non de morte, o que lle achega ese tristemente xustificado nome. |
|
O Concello de Muxía, como homenaxe a aquel grupo de persoas de mans negras e corazón xeneroso que axudou nunha das peores catástrofes ambientais da historia - o afundimento do petroleiro Prestige, que perdeu diante da Costa da Morte preto de 77.000 toneladas de petróleo - construíu un centro cultural con auditorios, salas de exposicións, etc., para que quede en agradecemento á solidariedade do voluntariado. O Concello de Muxía achega a estas Xornadas as instalacións do Centro Cultural para que a AGKM poida desenvolver alí parte do seu programa.
|
|
|
|
|
|
Coa colaboración de |
||
|
|
![]() |
|
|
|
|
|