|
A Asociación Galega de
Kaiak de Mar (AGKM) é unha asociación de ámbito
galego e sen fin de lucro que nace en setembro de 2007 coa
finalidade de recoller o espírito e o labor realizado polo
desaparecido Comité Galego de Kaiak de Mar.
Os nosos obxectivos son os de promover a práctica do kaiak de mar
recreativo, desenvolver a responsabilidade e a autonomía na súa
práctica, a formación na navegación e nas técnicas de
seguridade, e o estudio e a investigación das técnicas de
construción dos kaiak de mar, así como promover a protección e
defensa do contorno e do medio ambiente.
E como medio para todo iso, a Asociación, a través da páxina
que agora visitas, aspira a servir de lugar de encontro de todos
os que palean no mar. Deste xeito nacemos con vocación de dar
cabida a todos eles, como un punto de encontro onde intercambiar
experiencias e adquirir coñecementos que consoliden a práctica
do kaiak de mar coa máxima autonomía e responsabilidade.
Benvido á nosa web.
|